«Agora hai en Galicia moitas máis oportunidades que antes»

R. R.

SOCIEDAD

26 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

José María Eirín-López encara o último ano da súa bolsa Marie Curie, a mesma que lle permitiu realizar una estadía de investigación en Canadá, onde levou a cabo na Universidade de Victoria o traballo que agora acaba de recoñecer o grupo editorial de Nature. Mentres medita presentarse a un programa Ramón y Cajal ou Parga Pondal para continuar coa súa carreira científica, traballa na Universidade da Coruña no equipo de Josefina Méndez Felpeto.

-Creo que a Universidade canadiana xa contactou con vostede por se quere volver.

-Si, xa contactaron conmigo para ofrecerme un contrato de traballo en condicións. Alí, si tes bos resultados contan contigo. O só feito de que sexas doutor xa está moi valorado a nivel social, hai un recoñecemento da ciencia.

-Pero vostede pensa en continuar en Galicia.

-Eu son moi afortunado porque estou no grupo de Josefina Méndez e síntome moi apoiado. Pero para seguir teño que presentarme a un Ramón y Cajal ou Parga Pondal e confiar en que a Universidade cree a praza, aínda que non será fácil que poida voltar o mesmo sitio.

-Vese optimista.

-Penso que en Galicia se está a vivir un cambio moi importante, e que a xente que leva a política científica na Administración o está facendo ben. Agora hai moitísimas máis oportunidades que antes.

-Queda o reto da consolidación dos científicos.

-Si. O gran reto é crear a carreira investigadora na Universidade.