Na actualidade hai 45 centros de estudos galegos en activo e 36 lectores, após se teren incorporado este ano á rede as universidades de Kiel (Alemaña), Zadar (Croacia) e São Paulo (Brasil).
28 dic 2007 . Actualizado a las 20:31 h.As probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), o novo documento oficial que acredita o coñecemento da lingua do país, tamén se poderán realizar no estranxeiro a partir do ano próximo, segundo comunicou onte a Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, aos profesores e lectores do idioma no exterior, nunha reunión de traballo celebrada en Santiago.
Na actualidade hai 45 centros de estudos galegos en activo e 36 lectores, após se teren incorporado este ano á rede as universidades de Kiel (Alemaña), Zadar (Croacia) e São Paulo (Brasil). Os docentes que exercen neses postos poden ser avaliadores do Celga e onte conseguiron elementos para ese labor.
Na reunión, Marisol López anunciou novas axudas para este profesorado, para vir ao país nos períodos de vacacións, que coincidirán con xuntanzas de traballo. Confirmou igualmente que se vai procurar que as universidades de destino os contraten e pasen a formar parte da súa estrutura de persoal, como xa acontece con 15 destes especialistas.