Ler Librerías presenta no Xallas o libro sobre ciencia de Jorge Mira

La Voz SANTA COMBA/LA VOZ.

SANTIAGO

15 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A ciencia no punto de Mira é o titulo do primeiro libro do zaense Jorge Mira, profesor titular da área de electromagnetismo na Facultad de Física da Universidade de Santiago, galardoado neste ano co premio do Colexio Oficial de Físicos de España, e tamén coñecido pola súa traxectoria televisiva na canle autonómica, cuxa presentación levarase a cabo en Ler Librerías de Santa Comba, este venres nun acto aberto a partir das oito da tarde.

Xunto ao propio Mira, intervirán o escritor Xosé Antonio Perozo, e mailo catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, Ángel Carracedo Álvarez, natural de Santa Comba. Carracedo Álvarez destaca polos seus traballos de investigación no campo da xenética aplicada, fundamentalmente no ámbito da medicina forense, da que é un recoñecido especialista mundial.