«Renovamos o mundo da globoflexia en Galicia»

M. B.

SANTIAGO

O retrete de Dorian Gray ofrece a súa particular visión de «Ne me quitte pas» no Festival dos Abrazos

23 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Marcos PTT e Ezra Moreno forman parte de O Retrete de Dorian Gray, unha das compañías máis destacadas do panorama circense galego. Hoxe irromperán nas rúas da zona monumental cun espectáculo, Ne me quitte pas que, polo título que da nome a canción máis desgarradora da historia, podería conmover a alma e o resorte das bágoas. Tal vez si, pero algo máis, tamén o resorte da risa, grazas a esta peza de títeres e globoflexia na que o protagonista canta esa canción e e emocionase tanto que canta a o gran desamor.

-¿Por qué o titulo dunha canción tan desgarradora para provocar a risa do público?

-Aí esta o xogo, en facer que sufra o moneco e que a xente, o paseo mellor ou peor, se emocione moito.

-¿É un puro espectáculo de animación e intervención na rúa?

-É un número poético feito con títeres que construímos con globos diante do público. É un espectáculo completo de 15 minutos, un tipo de formato que se fai moito en festivais de rúa, montando pequenos pases e convocando á xente cada certo tempo.

-¿Xogan pois co factor sorpresa na rúa?

-A xente non sabe o que vai pasar ao vernos facendo cousas con globos ata que xorde o número de títeres. Funciona moi ben porque o globo ten unha maxia especial. É sorpresivo porque o público non está acostumado a ver esta cuestión dos globos. Con esta proposta renovamos o mundo da globoflexia en Galicia.

-¿Pero en Galicia está é unha disciplina non existía practicamente?

-Hai xente que fai globoflexia para animacións, por exemplo os paiasos de hospital que o utilizan moito porque ten moita maxia. Aquí introduciuse fai moi pouco. Como o meu socio era especialista en globoflexia hai anos que quixemos retomar o tema pero dándolle un punto de manipulación de títeres.

-¿Porque se lle interesaron sempre especialidades tan diversas do circo?

-Eu sempre formei parte do mundo do clown , aínda que en Pistacatro todos sabíamos facer algo, incluso cousas acrobáticas, pero o que máis me interesaban era o cabaré pola comunicación co público. Agora, ao chegar a Barcelona, apareceu o tema dos títeres, retomando a capacidade de facer algo máis poético e íntimo, que chegue máis ao corazón.

-¿Nestes intres Galicia ten un bo nivel no que a circo se refire?

-Hai un nivel punteiro, moi grande. Agora a xente quere ver circo, e iso é un logro enorme.

-¿Para cando Santiago terá un espazo de circo estable, como outras cidades?

-Eu creo que máis que espazo estable de circo é que os espazos e a arquitectura dos sitios podan permitir facer circo.