NCG revisa a historia do retrato pictórico en Galicia na primeira metade do século XX

C. Franco

CULTURA

Castelao, Laxeiro, Colmeiro, Arturo Souto, Sotomayor, Julia Minguillón, son algúns dos nomes que figuran na exposición.

27 sep 2011 . Actualizado a las 15:51 h.

Revisar a historia da arte galega na primeira metade do século XX a través do retrato é a intención da mostra que Novacaixagalicia ofrece na súa sede de Santiago, Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950. A mostra combina obras dos principais pintores galegos desa época para demostrar que a arte do país estaba directamente ligada aos movementos internacionais e que foi rexistrando os mesmos cambios estilísticos e as mesmas transformacións que no resto do mundo. Castelao, Laxeiro, Colmeiro, Arturo Souto, Sotomayor, Julia Minguillón, son algúns dos nomes que figuran na exposición que, en palabras do seu comisario, Carlos Luís Bernárdez, "explica os procesos rexistrados pola arte galega dese un xénero pouco estudado".