Narf y Manecas Costa inician unha xira de concertos e presentacións en Guinea-Bissau.
09 dic 2010 . Actualizado a las 20:23 h.Despois de soar en Galicia, Portugal, Brasil, Arxentina ou Londres, á música de Aló Irmao chegará ao país de Manecas Costa, compañeiro do galego Fran Pérez Narf nesta aventura musical. Narf y Manecas Costa estarán desde hoxe ata o 15 de decembro en Guinea Bissau, convidados por un grupo de axentes sociais do país, co apoio do goberno. Os músicos ofrecerán varios concertos en Bissau, a capital do país, e Cacheu, a cidade natal de Manecas. Ademais presentarán o proxecto en centros escolares e a diferentes colectivos. A viaxe ten unha finalidade cultural e social, co obxectivo de amosar un proxecto de éxito no que a música de Guinea-Bissau convive coa doutros lugares do mundo, neste caso Galicia.