07 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
A imaxe que temos que proxectar de Galicia é unha imaxe moderna, dunha rexión preocupada pola actualidade desde as novas tecnoloxías ata o cultural apoiada nunha profunda base de tradición que se remonta aos alicerces da lírica medieval no momento en que Galicia tiña un peso importante dentro da cultura europea. Hai que proxectar, sen esquecer a tradición, unha imaxe de modernidade, porque é unha realidade que aquí se fai cultura e investigación aos máis altos niveis.