Os comuneiros vigueses despiden a Pepe de Beade, o seu decano

José Rodríguez foi un exemplo de amor polos montes e de xestión forestal


omo presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, e en representación das trece comunidades de montes que aglutinan a máis de 4.000 comuneiros e comuneiras da cidad, síntome na obriga de escribir estas liñas in memoriam de Pepe de Beade, un auténtico referente do movemento comunal en Vigo finado este domingo 17 de novembro de 2019.

Sempre que penso en José Rodríguez Fernández (1949-2019) me veñen á mente tres verbas: traballo, constancia e xenerosidade, os valores propios dun comuneiro. Co seu traballo como presidente da comunidade de Beade dende 1993, os montes desta parroquia son un exemplo de impecable xestión forestal, combinando o equilibrio entre monte destinado ao goce da parroquia e da cidadanía de Vigo _o Parque Forestal de Beade é dos máis concorridos e valorados do concello_ e monte produtivo que lle permite o mantemento polos seus propios medios.

Nesta laboura mantívose constante durante máis de 26 anos. Era o decano dos presidentes de Vigo. Houbo momentos difíciles, como cando tivo que poñerse á fronte das expropiacións ocasionadas pola autovía do Val Miñor e pola VG-20, así como pola Universidade de Vigo. Pero tamén cando apostou por reinvestir os fondos logrados polas expropiacións para devolverllos á sociedade en forma de espazos de lecer, en centos de cerdeiras que subministran a famosa Festa da Cereixa. En todo caso, o importante é o día a día, pois como ben coñecemos os que nos adicamos ao monte, unha vez plantada unha semente logo hai que estar aí facéndolle a limpeza, o desbroce, a poda, etc. Ata os 25 anos como mínimo non se ven os resultados; e se non che ven un lume ou unha praga que chos leve por diante...

Todo isto forma parte do adn da xeralidade dos responsables das comunidades de montes veciñais, e Pepe de Beade o encarnou con sobresaínte. Pero onde sen dúbida destacaba era na súa xenerosidade, colaborando con múltiples entidades sociais como a ANPA do CEIP Coutada-Beade ou do Atletismo Beade, así como con calquera iniciativa que quixera empregar o monte para a súa actividade. En maio deste ano, na última andaina polos montes de Vigo que tiña unha saída dende Beade, Pepe fixo de anfitrión.

Pero onde me tiven que quitar o sombreiro foi cando tivo lugar o macrobotellón nos montes de Beade, en marzo deste ano. Despois de ver como o parque forestal quedaba como un auténtico vertedoiro, a súa iniciativa foi falar co reitor da Universidade para ver o xeito de que no próximo ano se fixera outra vez, que para iso estaba o parque, e se podía ser «un pouco máis ordenado». Chapó por Pepe.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os comuneiros vigueses despiden a Pepe de Beade, o seu decano