VÉ insoportable observar tanta incoherencia, arbitrariedade e propaganda
ai facer un ano dende que a concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo dera instruccións para o peche do programa Sereos, trasladando este do local municipal de Eduayen a unha furgoneta na rúa Jacinto Benavente. Foi unha decisión das máis graves que se teñen materializado nos últimos anos. Decisión política de carácter aporofóbico, humillante, estigmatizador dun colectivo de cidadáns expulsados do corazón da cidade.
¿Non era este un auténtico programa de coidadores? Nestes días anunciouse a reanudación do programa Coidadores de Barrio, onde se amosa que o Concello de Vigo ten ben claro a quen se coida e protexe; quen, como e onde se fai, caendo nunha contradicción ao facer totalmente o contrario. Desprazando a outros veciños
que se pretenden invisibilizar. É insoportable observar tanta incoherencia, arbitrariedade, propaganda?.
A dia de hoxe aínda non fomos quen de que alcalde e concelleira respostaran aos escritos cos que pretendíamos que nos aclararan por que o 1 de agosto do ano pasado se puxo fin a Sereos. Tampouco nos repostou o Valedor do Cidadán, oficiña que nos aportou un número de expediente.
A loita contra a pobreza severa, as enfermidades crónicas, infecto-contaxiosas e a súa prevención deron os seus froitos, polo que podemos dicir que o presente é mellor que o pasado. Pero temos que renovar as nosas enerxías para denunciar que no Concello, con moitas complicidades, deciden imvisibilizar a importantes capas sociais do entorno da soliedaridade, da integración, e da xustiza real. Esta poboaciòn coñécese técnicamente como poboación oculta.
Nesta querida cidade estanse a consolidar unhas políticas municipais contra todos aqueles colectivos que discrepan ou non aplauden o populismo do alcalde ou da familia Caballero. Non é doado publicar esta reflexión, pero considero que é necesaria.