Un ladrillo en la boca

VIGO CIUDAD

DIARIO DE AURIA | O |

28 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

¿VOSTEDE non sente o mesmo? ¿Non se lle pon cara de idiota cada mañá? ¿Non lle parece que tragou un ladrillo en lugar dun cruasán, ou que o café se instala na súa boca como se fose dinamita? ¿Non lle dan ganas de apretar o xornal como se fose o brazo dun amigo? ¿Non o apreta, o xornal ou o brazo do amigo, cando repasa cada día as noticias? Malos tempos para a lírica, sentenciou Brecht hai anos. Malos tempos para o corazón: en suspensión de pagos. Queda a fotografía de Bush cun pavo na súa visita a Bagdad, o Pesoe e o Bloque de Vigo, o balneario das Burgas e nonseicantos millóns de plusvalía. Queda a cara de idiota e o ladrillo no estómago e a dinamita na boca. O mundo debería parar de cando en vez. Para respirar. Para baixarse. Para apearse desta guerrilla en contra da alma (de Nós, humanos), esta película que Kafka non puido dirixir e que eles producen: Bloque e Pesoe en Vigo, o pavo de Bush, a casa de baño convertida en pelotazo (¡qué gran metáfora da vida!). Un quere berrar en medio da rúa, do frío, da súa propia inutilidade. Non pode. Mudo. Triste. Este mundo produce ladrillos no estómago: desilusión. ¿Vostede non sente o mesmo?