INTERNET | Unha web propia e servicio SMS

La Voz

VIGO CIUDAD

A Federación de Veciños dispón xa dunha páxina web en Internet adicada ó programa de animación Move Vigo , ó que se accede a través da dirección www.movevigo.com. Tamén se pode acceder entrando polo portal do Concello e pola páxina da Federación Veciñal. Neste espacio interactivo, os cidadáns poden acceder a toda a programación das fins de semana. Subscribíndose á páxina poderán recibir no seu domicilio, a través do correo electrónico, as actualizacións que se fagan no programa. Este servicio tamén pódese obter no propio teléfono móbil mediante o sistema SMS. Xa nun plano convencional, a federación promocionará a súa programación de animación sociocultural mediante 10.000 programas de man e con carteis. Orzamento O convenio de colaboración asinado pola federación veciñal e a concellería de Festas e Animación sociocultural conta cun orzamento de 43.730 euros. Esta cantidade destínase ó programa Move Vigo e a celebración do Día do Estatuto. A concellería aporta 24.000 euros, mentres que o diñeiro restante é asumido pola propia federación.