Feira do Libro e actuacións en Tui

B.S. VIGO

TUI

El Paseo da Corredoira de Tui, desierto
El Paseo da Corredoira de Tui, desierto mónica torres

As librerías abrirán con descontos do 10 % nos libros en galego

17 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Tui celebra no Día das Letras Galegas a XXII Feira do Libro Galego que este ano debido á pandemia cambiará o seu formato habitual na rúa para realizarse nas propias librarías participantes Espazo Lector Nobel e Iris, que abrirán en horario e de mañá e tarde ofrecendo un 10 % de descontos nos libros en galego. Ao longo da xornada o Paseo da Corredoira, nun espazo habilitado con todas as medidas de seguridade e protocolo anticovid, acollerá distintos espectáculo cun aforo limitado a 80 persoas e para os que será preciso inscrición no lugar antes do comezo do espectáculo. Ás 12.30 o narrador Pablo Sánchez presentará Os contos de Pablísimo para público familiar. Ás 18.30 Paporrubio presenta Varietés do Animalario, monicreques con música en directo. Por último ás 20.45 actúa a cantautora galega MJ Pérez,

con pezas do seu repertorio no que se inclúen adaptacións de obras poéticas en galego. E a Radio Municipal de Tui realizará un programa especial Letras Galegas.