19 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.
O cuarteto ACadaCanto, formado por Guadi Gallego, Guillerme Fernández, Xavier Díaz e Xosé Lois Romero, ten gravado o seu audiovisual A rosa d?Adina, un traballo musical sobre poemas de Rosalía de Castro que serve de base para facer concertos con ese repertorio e que o grupo ten pendente de concretar se terá publicación en disco nos próximos meses. O traballo foi realizado e presentado na catedral de Tui nos pasados días.