Porrúa igualou no 75 o tanto na primeira parte do rival no último encontro de preparación dos arlequinados antes do seu debú en Liga
29 ago 2021 . Actualizado a las 22:51 h.O Arousa non foi quen de pasar do empate a 1 co Juvenil de Ponteareas na tarde de onte sobre o céspede de Baltar, e na quenda de penaltis perdeu o Trofeo Portonovo fronte ao seu rival, equipo que vén de ascender á Terceira.
O conxunto de Jorge Otero pagou unha frouxa primeira parte, na que se amosou demasiado impreciso, errático na combinación do balón e coas súas liñas demasiado separadas. Unha mala posta en escena castigada cun gol en contra nun disparo desde fóra da área.
Da mesma maneira, asistido por Pedro Beda, Porrúa restablecía a igualada no minuto 75. O Arousa, que viu desfilar sobre o céspede os seus 21 convocados, amosouse na segunda metade máis intenso, acaparando o balón, pero non lle bastou para gañar.