Pan satánico

OIA

NA ÚLTIMA | O |

01 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

POR ENTRE o alcantarillado, os cables da luz e o resto de conductos que a cidade agocha nas súas tripas hai un tesouro que aparece de cando en cando para mostrar como eran as coudas hai centos de anos. Por aquí, en Galicia, donde o respecto polas pedras do pasado non é precisamente motivo de orgullo, aparecen ás veces cousas incribles. Un compañeiro da carreira recordaba como, xunto cuns veciños, adoitaba ir ao mosteiro de Oia a xogar con calaveras e outros restos que había esparcidos dentro do templo. A un dos que ía por alí, algo toliño, quedoulle dende entón certa fixación polos cregos. Anos despois fíxose panadeiro e satánico. O negocio íalle ben, pois as veciñas sabíano aloucado, pero sen malicia. Axudaba tamén que amasaba un bo producto. Ata que un día na bola que lle levaban todos os días ao cura apareceu una folla de afeitar. O método co que aquel panadeiro quixera acabar co relixioso foi tan burdo que nin sequera motivou unha denuncia polo agredido. Por suposto, o artiluxio nunca chegou a ir parar dentro do seu aparato dixestivo. Agora que van converter aquel mosteiro nun hotel, non sei que lle pasará pola cabeza ao panadeiro, pero quizais teña algún efecto terapéutico para a súa fixación cos curas. Polo visto, antes de xogar cos restos humanos agochados no templo o rapaz era completamente normal. Foi anos despois, cando unha tía, nunha conversa con outras mulleres achegadas á familia, atribuiu o comportamento de mozo a aqueles espisodios da infancia entre calaberas esparcidas polo chan. Seguramente ao pobre do neno xa lle fallaba algo na cabeza desde sempre. Pero xa se sabe que é máis atractivo contar as historias con algo de misterio polo medio, aínda que só sexa para facerlle a vida un pouco máis fácil no pobo a un sobriño panadeiro que le deu por ser satánico.