Xa hai pitos na escola infantil de San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO

MOS

CÉSAR GALDO

Os nenos recibiron con asombro a eclosión dos ovos de Galiña de Mos

16 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo de 21 días de espera, os alumnos da escola infantil municipal A Rolada recibiron «con asombro e fachenda» o nacemento de 11 pitos da raza Galiña de Mos. O colectivo Avimós deixáralles no centro unha incubadora chea de ovos, para que os coidasen ata a súa eclosión. Onte pola mañá a escola «foi unha festa de ollos abraiados e mans coidadosa acariñando os animais». Toda unha experiencia para os nenos.