O comezo do curso escolar

O  mestre Ricardo Símil Silva rodeado dos seus 58 alumnos no grupo escolar de Quintela no ano 1920

Aula de Ricardo Símil Silva, no grupo escolar de Quintela en 1920.
Aula de Ricardo Símil Silva, no grupo escolar de Quintela en 1920.

Nos primeiros días de setembro, cando comeza o curso escolar nos primeiros niveis do ensino, vennos á memoria unha imaxe do mestre Ricardo Símil Silva rodeado dos seus 58 alumnos no grupo escolar de Quintela no ano 1920 que nos lembra as nosas escolas públicas de comezos do século pasado, as súas dificultades por falta de medios e o abandonado que estaba o ensino primario. No citado grupo escolar había outra aula de nenas da que era titular a mestra Pura Pazo Prado. Grupo escolar de 1912 transformado hoxe no centro sociocultural Daniel Castelao no que están ubicados un pequeno auditorio, a biblioteca municipal e a escola de música tradicional.

Móstrasenos aquí o mestre con 65 anos, pouco antes da súa xubilación, cun numeroso grupo de alumnos de entre os 6 e os 12 anos. A fotografía de autor descoñecido chegou ao arquivo da Agrupación Cultural Nós como un documento excepcional porque na súa parte posterior están relacionados os 58 alumnos e o nome do mestre escritos por el mesmo. A foto de tamaño relativamente grande, pegada sobre unha cartolina, consérvase en perfecto estado e foi cedida pola familia de Javier Soage Hermida, un dos alumnos que a puido comprar naquela época.

O Grupo Escolar de Quintela era o único centro educativo existente na localidade con esas características e na parroquia moañesa de Domaio existía a «escola de fundación» do Panasco que mandara facer o emigrante en San Salvador de Guatemala Juan Antonio Rosales, no ano 1786, tema documentado no libro A Escola Pública en Moaña (1786-1970), editado pola A.C. Nós no ano 2012.

Uns anos antes, no 1916, despois dunha visita ás escolas de Moaña, o inspector de primeira ensinanza Agustín de la Puente, afirma que quedou altamente satisfeito do resultado dos exames practicados nas mesmas, a pesares da gran concorrencia de alumnos que asisten a elas: «El número de niños y niñas matriculados en el Grupo Escolar requiere que estas se conviertan en graduadas, pues no es posible que con una asistencia media ordinaria de 86 alumnos como tiene cada una de aquellas, pueda ser la enseñanza tan completa como debiera, y máxime teniendo ínfimo material adecuado para ello. Lo mismo ocurre con las escuelas mixtas de Berducedo y Tirán, en las que existen matriculados más de 100 niños en cada una de ellas con una asistencia ordinaria de 80».

Naquel entón, a maioría das aulas estaban instaladas en baixos de vivendas particulares que non reunían as mínimas condicións hixiénicas nin pedagóxicas para impartir as clases e, desgraciadamente, seguiu sendo así ata finais do século pasado en moitos casos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

O comezo do curso escolar