Re citadores

| XAVIER LOMBARDERO |

CRECENTE

DESDE EL ADARVE

27 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

CERTOS versificadores actuais prodíganse nas súas re citacións. Non é que estean sempre os mesmos en distintos lugares bañándose en letras. Non, o peor é aturar o vicio na escrita, na intimidade. Colles un libro e, aparte do autor, das súas lecturas, do seu estado de ánimo e das paisaxes, alí aparecen con grandes parabéns medio cento de escritores amigos da bisbarra. Moito obrigado e admirado por todas partes. Veña melancolías curadas con pelotas e agradecementos. E non pode ser, non se pode convertir cada poemario nun canon ou antoloxía. Tiña perdón Aquilino Iglesia Alvariño, por exemplo, que citaba e re citaba moito (a Curros, a Noriega Varela, a Cabanillas, a Castelao, a Crecente, ...), pero Aquilino gardaba arte para Un poema moi doce, ledo ô dreito . Noutros casos, xa o dicía Hermann Hess, parece que facer versos malos depara máis felicidade que ler os versos máis fermosos. E perdón pola cita.