A gran novela de Manoel da Costa

La Voz VIGO

VIGO

Manoel da Costa es escritor y profesor jubilado de ingeniería de la Universidad de Vigo.
Manoel da Costa es escritor y profesor jubilado de ingeniería de la Universidad de Vigo. M.MORALEJO

Artes e Oficios acolle a presentación de Como o can ao trousado (volverás ao pasado...)

28 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

19.30 horas • García Barbón, 5 • O vigués Manoel da Costa presenta Como o can ao trousado (volverás ao pasado...), unha novela de gran formato —dous millóns de caracteres e 900 páxinas— que afonda na memoria familiar. A obra segue a Sabela, quen recibe como herdanza unha caixa con cartas e obxectos dun amor descoñecido da súa avoa. A partir desa descuberta, a protagonista reconstrúe o pasado familiar e tenta esclarecer a desaparición do autor das misivas. Da Costa, enxeñeiro e ex profesor da Universidade de Vigo, dedicou máis de dez anos a este proxecto. A novela preséntase na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, nun acto que combinará lectura e música e no que participarán varias colaboradoras próximas ao autor: Bene Freiría Lucía Altés, Lita Martínez, Rosa María Amil e Marisé Fernández.