A gran novela do XXI ten 900 páxinas... e presentación a próxima semana 

La Voz

VIGO

Manoel da Costa es escritor y profesor jubilado de ingeniería de la Universidad de Vigo.
Manoel da Costa es escritor y profesor jubilado de ingeniería de la Universidad de Vigo. M.MORALEJO

O escritor vigués Manoel da Costa presenta o martes que ven, día 28,  «Como o can ao trousado» (volverás ao pasado...), unha novela de gran formato ?preto de dous millóns de caracteres e arredor de 900 páxinas? que afonda na memoria familiar

21 abr 2026 . Actualizado a las 14:37 h.

Próximo martes, 28 de abril 19.30 horas • García Barbón, 6 • O escritor vigués Manoel da Costa presenta Como o can ao trousado (volverás ao pasado...), unha novela de gran formato —preto de dous millóns de caracteres e arredor de 900 páxinas— que afonda na memoria familiar a través dunha historia chea de misterio. A obra segue a Sabela, quen recibe como herdanza unha caixa con cartas e obxectos dun amor descoñecido da súa avoa. A partir desa descuberta, a protagonista reconstrúe o pasado familiar e tenta esclarecer a desaparición do autor das misivas. Da Costa, enxeñeiro e exprofesor da Universidade de Vigo, dedicou máis de dez anos a este proxecto, que finalmente conseguiu publicar mediante micromecenado tras atopar dificultades pola súa extensión. A edición, en tapa dura e cun coidado proceso de revisión lingüística, sairá cunha tirada reducida. A novela presentarase na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, nun acto que combinará lectura e música e no que participarán varias colaboradoras próximas ao autor: Bene Freiría Lucía Altés, Lita Martínez, Rosa María Amil e Marisé Fernández. Con humor, o propio escritor define a obra como «a maior novela galega do século XXI» polo seu tamaño, aínda que deixa nos lectores a última palabra sobre o seu valor literario.