Antón Bouzas, primer premiado que renuncia al reconocimiento de Vigués Distinguido

b.r. sotelino VIGO / LA VOZ

VIGO

El activista vigués Antón Bouzas
El activista vigués Antón Bouzas M.MORALEJO

Hará entrega del galardón en el Concello el mismo día de la gala oficial como protesta por la política social municipal

26 mar 2026 . Actualizado a las 18:23 h.

El activista social Antón Bouzas renuncia al reconocimiento de Vigués Distinguido que le concedió el Concello en el año 2000. El anuncio lo hizo durante la primera gala de los premios Antiviguesas Distinguidas, celebrada en el Café Uf y promovida por distintos colectivos sociales, vecinales y ecologistas de la ciudad.

Bouzas explica que su decisión es un gesto de protesta contra la actual política social del Ayuntamiento. Según señala, responde a lo que considera una insuficiente inversión en políticas de urgencia para personas y familias que no logran cubrir necesidades básicas. Entre las situaciones que cita se encuentran la falta de recursos para personas sin hogar, los procesos de desahucio y lanzamientos, la persistencia de situaciones de chabolismo o la pobreza que afecta especialmente a mujeres en contextos de prostitución.

El activista quiere dejar claro que su decisión no supone un cuestionamiento hacia quienes han recibido este reconocimiento a lo largo de los años. «Siento mucho respeto por las personas Vigueses Distinguidos», afirma al explicar su postura.

El educador social anunció también que el 26 de marzo, día en que se celebra este año la gala, hará efectiva la entrega en el Concello del diploma que lo acredita como Vigués Distinguido y del trofeo que le fue entregado en aquella ceremonia

La renuncia se produjo en el contexto de esa primera edición de los premios Antiviguesas Distinguidas, una iniciativa que, con tono irónico, pretende servir de contrapunto a los galardones oficiales del Concello de Vigo y reconocer a colectivos que trabajan por la justicia social, el medio ambiente o un modelo de ciudad diferente.

En esta primera gala fueron distinguidos el Foro Socioeducativo As Ninguéns, en la categoría de justicia social (que es donde desarrolla su labor Antón Bouzas); la plataforma Beiramar da Xente, por la defensa de otro modelo de ciudad; y el colectivo Amigas das Árbores, por su labor en favor del medio ambiente.

Los organizadores subrayaron que estos premios nacen con vocación de continuidad y con la intención de visibilizar a organizaciones que, según señalaron, a menudo quedan fuera de los reconocimientos institucionales o son acusadas de «antivigo» cuando discrepan de las políticas municipales.

De El Imán a Os Ninguéns

Bouzas recibió el premio Vigués Distinguido en el año 2000, siendo alcalde el nacionalista Lois Pérez Castrillo. En su momento, el Concello justificó el galardón concedido a este pontevedrés de nacimiento, como fundador de la Asociación de Vecinos del Casco Vello y de la Federación Vecinal Eduardo Chao. Además de su actividad en favor de la dinamización y rehabilitación de la zona histórica viguesa, destacaban su labor como principal impulsor del colectivo de apoyo a seropositivos El Imán, desde donde desarrolló un importante trabajo con enfermos de sida.

Aunque en el 2014, un año después de jubilarse como trabajador social, dimitió como coordinador y portavoz del grupo de autoayuda para personas sin techo que sufren adicciones o enfermos de sida, después retomó su activismo en ell foro socioeducativo Os Ninguéns, nuevamente al lado de las personas que viven en entornos sociales desfavorecidos.

El escrito

Asunto:

Renuncia o título de Vigués Distinguido.

As luces e as sombras.

Reconquista 2026 de Vigo.

Metanoia

Señor presidente da corporación municipal de Vigo,Don Abel Caballero.

Diríxome a vostede para expoñerlle unha reflexión sociopolítica sobre as importantes carencias en investimentos económicos como tamén persoal multidisciplinar para o apoio á veciñanza expulsada do estado do benestar, xerando unha poboación diana que malvive estigmatizada. Excluída ou autoexcluída, vulnerabilizada, con medo, con inseguridade, en estados depresivos e abandonada polas institucións públicas as cales claudicaron de intervir para poñer a funcionar o ascensor comunitario que permita subir o común da veciñanza que si cobre as necesidades básicas.

No día de hoxe renuncio a ser Vigués Distinguido nun contexto municipal con sombras na xustiza social. Fágoo co máximo respecto a todas as persoas e organizacións que recibiron, reciben e recibirán ese importante recoñecemento, Fágoo coa esperanza de que, nun futuro moi próximo, o ascensor social funcione para que a veciñanza en situación de pobreza severa pase a formar parte da cidadanía e que vostede, como alcalde da cidade, poña a mesma paixón neste obxectivo que mostra noutros proxectos millonarios de dubidosa urxencia e necesidade prioritaria.

METANOIA

Transformación revolucionaria do benestar social a través da filosofía, da psicoloxía, da pedagoxía e mesmo da relixión deste termo: metanoia

Que esta Reconquista da cidade no 2026 sexa o ano dun Vigo onde toda a veciñanza teña todas as necesidades básicas cubertas. É esperanzador o inicio de cambios, pero tendo en conta as urxencias da pobreza severa os cambios non poden esperar, e na nosa cidade podemos iniciar unha revolución transformadora e profunda inspirados na filosofía, na psicoloxía ou mesmo relixiosa da metanoia. Recoñecendo institucionalmente o mal feito, reparando os efectos indesexados do mesmo e transformación real aquí e gora das novas ausentes políticas de benestar social.

O recoñecemento de Vigueses Distinguidos ten como obxectivo que o concello de Vigo agradeza publicamente a veciñanza que teña demostrado un acreditado traballo polo ben común. Na cidade das luces e das sombras é unha contradición que o alcalde, nalgunhas ocasións, estea a facer o contrario do que se está a recoñecer como un valor cidadán.

Non escoitar, non dialogar, non aceptar as discrepancias, provoca moitas veces a non desexada autocensura para conseguir a necesaria e imprescindible colaboración municipal.

As luces e as sombras

Vostede converteu as luces do Nadal nun auténtico asunto mediático.

Ten vostede un currículo académico e político, acreditada capacidade de traballo.

Conseguiu unha cidade con orzamentos económicos que amosan que somos unha cidade economicamente solvente. É dicir, unha cidade economicamente rica.

Recoñecidos eses valores, paso a describir as sombras de parte da súa xestión.

Cando no ano 2009 o bipartito PSOE + BNG gobernaban a Comunidade Autónoma de Galicia e respondendo a colectivos que reivindicaban un dispositivo residencial para persoas sen fogar, a Xunta de Galiza ofreceu ao Concello de Vigo o antigo edificio do Hogar San Pelayo, coñecido como Gota de Leche. Edificio que se reformou e adecuou para tal fin.

Cando xa estaba rematado o proxecto, vostede iniciou unha importante campaña mediática esixindo que ese inmóbel cedérase para a sede da policía local, alegando o mal estado das dependencias nos baixos do concello.

Chegou a mobilizarse a policía local nas súas motos de traballo co apoio do comité de empresa.

Ante este inxustificado proceder, a Xunta de Galicia retirou esta importante cesión dedicando parte dela a unha gardería infantil.

Nos anos 2014 a 2017 vostede decidiu poxar 40 pisos de propiedade municipal situados na rúa República Arxentina.

Decisión que foi contestada por colectivos que traballaban na contorna da pobreza severa, e que viron frustradas as esperanzas das primeiras vivendas municipais públicas.

No ano 2013 no local municipal do programa SEREOS do Casco Vello de redución de danos,café-calor e traballo entre iguais. O dia 1 de agosto dese mesmo ano apareceu na porta do local un cutre e pequeno papeliño sen selo nin anagramas no cal se informaba o peche do programa. Sin que os responsábeis de campo, as empregadas e as/os usuarias/os foran informadas previamente. Frustrando e rematando cos importantes beneficios terapéuticos, de integración sociomunitaria e o sentimento de pertenza a un fogar.

Posteriormente informouse que na rúa Jacinto Benavente, zona semi-industrial, poñíase en marcha un programa de intervención de rúa nunha furgoneta.

Ante as protestas dos afectados polo peche, púxose en marcha unha reforma dun local nos baixos do pavillón polideportivo municipal do Berbés, situado na rúa Jacinto Benavente.

Local que hoxe en día segue pechado porque vostede alegou queixas veciñais dando a entender que as 400 persoas que acudían diariamente ao programa non era veciñanza da cidade.

Ese local e o do programa SEREOS en Elduayen seguen, inxustificadamente, pechados.

Cómpre suliñar que un arquitecto veciño da zona presentou a proposta nosa, unha reforma que aumentaría a capacidade de persoas atendidas e unha novidade e fermosa reforma exterior.

A estas improcedentes realidades inxustificadas temos que engadir o ter padecido experiencias públicas promovidas por vostede para manifestar reiteradamente que os que dormen nas rúas en Vigo é porque queren. Manifestar publicamente que a oficina antidesafiuzamentos de Vigo estaba na alcaldía, negar que o concello tiña competencias en urxencias sociais ou vivenda, publicar que Vigo é a cidade do Estado que máis inviste en políticas sociais. Esta afirmación é faltar á verdade e xerar condutas reaccionarias con tinturas aporofóbicas.

Falar das sombras ten tanta importancia como falar das luces para promover cambios profundos.

Temos lixeiros raios de luz para a esperanza porque neste ano recoñeceu publicamente que si se teñen competencias en vivenda coa creación dunha oficina municipal de vivenda pública.

Cun orzamento moi cativos moi por debaixo das necesidades reais.

Reconquista de Vigo 2026

O día 12 de outubro de 2025 o Foro Socioeducativo As Ninguéns achegámonos á entrada do edificio de Alfonso X para lembrar o pasamento dunha nai e tres fillos no dramático incendio da noite do 12 de outubro de 2023.

Nese contexto de dor e dó colectivo lembramos que aqueles días técnicos da Xunta de Galicia e do concello de Vigo mantiveron unha xuntanza para buscar alternativas habitacionais ás 29 persoas vivas, e negociacións para atopar camiños que impidan que estes dramáticos feitos volvéranse producir, e temos que constatar unha vez máis a frustración e decepción dunhas institucións incapaces de dialogar honestamente afastándose dos desencontros partidarios, electoralistas en beneficio das mellores condicións de vida para a poboación empobrecida. Nese día 12 de outubro, As Ninguéns propuxemos que no futuro fose o día das Urxencias Sociais Municipais.

Reivindicando a Metanoia como instrumento transformador

Devezo de corazón que este testemuño que hoxe dou sexa simplemente útil para a nosa benquerida cidade.

Ven a conto facer unha referencia reflexiva a intervención de Carmen Morán de Castro doutora en pedagoxía no seu discurso onde recollía o agasallo como educadora social de honra na recente asemblea de educación social de Galiza.

A cegueira de normalizar as desigualdades e falta de equidade.

A cegueira do saber técnico incuestionable na toma de decisións sobre as persoas, mutilando a autonomía.

A da falsa esperanza da ilusión de cambio sen que se acompañen accións resolutivas que o posibiliten.

E a cegueira do asombro, cando se perde esta capacidade diante de atropelos, violencias e imposicións.

Andrade e Cárdenas (2021)

Atentamente,

Antón Bouzas Álvarez