O comisario Xurxo Martínez presenta un discurso expositivo en torno aos distintos deseños das tapas dos libros
09 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle ata o 17 de maio a exposición Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia, coa que a editorial remata o programa de celebracións do seu 75 aniversario.
O comisario Xurxo Martínez presenta un discurso expositivo en torno aos distintos deseños das tapas dos libros de Galaxia dende a súa fundación en 1950 ata a actualidade.
A base principal da exposición xira en torno aos catro deseñadores de cubertas que tivo Galaxia dende a súa fundación en 1950. Xohán Ledo, segundo explicou o comisario, simboliza o labor artesanal dos primeiros libros, mentres que Francisco Mantecón e Manuel Janeiro —que traballaron xuntos durante un tempo— asumiron a renovación da ilustración bibliográfica. Desde hai xa uns anos, é Hayat Husein a que asumiu a actualización das composicións das capas dos libros.
A escolma presente no Marco non esquece a achega de Xaime Isla Couto a estas tarefas. O avogado foi responsable da imaxe corporativa de Galaxia.