A mosense pecha hoxe en Vigo «Será por flores», a xira na que repasa os fitos da súa traxectoria
19 oct 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe ás 19.00 horas • Cine Salesianos (Venezuela, 3 • Entrada libre • A terceira edición do festival VigoFem, formado por cinco citas culturais protagonizadas por mulleres, remata hoxe. A encargada do peche é Uxía. A artista mosense é considerada a gran dama da música galega. Nos seus case 40 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros.
Dende a súa estrea con Foliada de marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro de diferentes culturas, e creou o seu repertorio a través das súas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bisáu, como João Afonso, Dulce Pontes, Rui Veloso ou Tito Paris.
Publicou 12 discos polos que recibiu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio ao Mellor Álbum de Música de Raíz nos Premios de la Música Independente de España por Meu canto, seleccionado tamén como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía Cantos na maré. Sobre este espectáculo Uxía revisará os seus traballos máis emblemáticos, desde «Enredadas» e «Mulleres a viva voz» ata as súas colaboracións con NARF ou Malvela.
Tamén haberá espazo para o seu compromiso coa memoria histórica, a través de referencias a Novoneyra, Lorca, Rosalía de Castro e o seu traballo en Nunca Máis.
Nesta ocasión especial, estará arroupada por artistas e amigos que compartiron con ela músicas e percorrido, como o baterista Isaac Palacín, que estuvo en Berroguetto, o acordeonista Santi Cribeiro, Sergio Tannus e o guitarrista vigués Pablo Novoa, con Ugia Pedreira formando a dirección escénica.
No directo na lembrará os momentos máis especiais dunha traxectoria chea de emoción, irmandade e unión coa terra.