«A Cincenta que non quería comer perdices»

La Voz

VIGO

Santi M. Amil

Sarabela Teatro presenta en Vigocultura a obra baseada no conto de Nunilla López Salamero

19 oct 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe 18.00 horas • Praza do Rei s/n • Entrada 5 euros • Sarabela Teatro presenta en Vigocultura a obra A cincenta que non quería comer perdices, baseada no conto de Nunilla López Salamero, con dirección e versión escénica de Fina Calleja e protagonizada por Sabela Gago, Fernando Dacosta e Elena Seijo. A peza pon en cuestión o papel que xogaron na historia os contos de fadas nos que se acaba por promover o rol das nenas como entes pasivos agardando a que lles pidan a man. Fala de temas tan de actualidade como a violencia de xénero, que segue sendo un problema entre os máis novos. E fala dunha moza perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, e de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras.