O programa comenzará o vindeiro 22 de setembro
12 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Cursos de iniciación ao éuscaro e ao lituano, un club de lectura de literatura africana, presentacións de libros, rutas literarias e incluso proxeccións de curtametraxes son algunhas das actividades organizadas pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo para celebrar a segunda edición da Semana das linguas as literaturas e a tradución. As vinte dúas actividades programadas están abertas ao público xeral.
A programación comezará o luns 22 de setembro cunha mesa redonda ao redor da literatura sen barreiras na que participarán Marcos Calveiro, director de edicións de Galaxia; o profesor Jesús Meiriño; e o validador Alexander Rodríguez.
As conferencias serán protagonizadas por M'bare N'gom, especialista en literatura guineana (22 de setembro); Román Bello, especializados en copywritting (23 de setembro); Raquel Senra, tradutora, ilustradora e animadora de lectura (25 de setembro); Laura Sáez, tradutora e editora (30 de setembro); a italiana Laura Carta (30 de setembro); e a tradutora Assumpta Camps (2 de outubro).
Co titulo Vigo Noira, capital literaria, os organizadores ofrecen o 23 de setembro unha ruta literaria na compaña dos escritores Beto Luaces, María Xosé Porteiro, Elena Gallego e Álex Alonso. Ao día seguinte terá lugar unha nova andaina literaria cos autores Jorge Rodríguez, Tamara Andrés, Valentina Marta, Montserrat Villar, Antón Recamán, Inés Mosquera e Josiño Araújo. Xa o 25 de setembro, o auditorio municipal de Vigo acollerá a proxección dunha curtametraxe gravada en linguaxe de signos, seguida dunha mesa redonda na que participarán o director Veru Rodríguez e o actor Miguel Carregado.
O edificio Redeiras, no Berbés, porá o escenario para a presentación dos libros Introdución á tradución. Curso de tradución para persoas curiosas, e Traducindo Chaucer ao Galego: soños, amores e ausencias. Será o 29 de setembro. Nese mesmo edificio, o 2 de outubro se presentarán os libros Lengua mutante, de Ártemis López, e Voces de mujeres, de Ana Varela, María Méndez e Susana Rodríguez Barcia. Ademais, dedicaránse tres xornadas ao queer na literatura, formación de profesorado de idiomas (26 de setembro), e a discriminación lingüística (3 de outubro). O 22 de setembro comezarán os cursos de éuscaro e lituano.