Caamaño&Ameixeiras nos xardíns do Pazo de Castrelos

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

BASILIO BELLO

Ofreceno primeiro concerto nos xardíns do Pazo de Castrelos

06 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe ás 12.30 horas •?Caamaño&Ameixeiras é o primeiro concerto nos xardíns do Pazo de Castrelos. O ciclo de concertos enmárcase na celebración do centenario da doazón do pazo á cidade por parte do Marqués de Alcedo. Os xardíns de Castrelos acollerán a este grupo de música tradicional galega. O ciclo continúa os outros tres domingos de xullo, á mesma hora, coa actuación o 13 de xullo de Carla Lourdes, o 20 de xullo de Antifrágil e o 27 de xullo de Helena Egea.

Ademáis, o 9 de xullo comeza Tardes no museo, un dos eixos que forma parte do programa didáctico de museos e que se desenvolverá na súa primeira sesión na Pinacoteca. O obxectivo é achegar ao público en xeral as exposicións temporais e coleccións permanentes da rede de museos municipais.