
A obra retrata a loita diaria contra a tiranía da beleza, contra o síndrome da impostora, a estafa do amor romántico, e reivindica igualdade nunha sociedade patriarcal que lles nega a voz ás mulleres
10 jun 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe 19.30 horas • Manuel Olivié, 23 • 8 euros • A biblioteca da EMAO acolle a presentación de «Sereas afónicas», o terceiro poemario de Luísa Abad, publicado por Editorial Elvira. O acto será presentado por Amada Traba en representación do Ateneo Atlántico, entidade organizadora, e no mesmo a autora conversará coa escritora Xina Vega e o editor Xabier Romero. Ademais, haberá música en directo con MJ Pérez. O poemario está dividido en cinco apartados: A foto en sepia, Cada pedra fai camiño, Facendo niño, Recoñecerse noutras voces e Con voz propia. Percorre a traxectoria dunha muller, de calquera muller contemporánea, e denuncia a violencia simbólica que se exerce sobre elas, as dificultades para rachar coa orde «natural» das cousas, o modelado social que fai que calquera rotura co establecido sexa personalizada, as dificultades para ser muller ademais de filla, nai, profesional, parella... A obra retrata a loita diaria contra a tiranía da beleza, contra o síndrome da impostora, a estafa do amor romántico, e reivindica igualdade nunha sociedade patriarcal que lles nega a voz ás mulleres.