A Clásica, con voces desde Oporto e Beethoven

La Voz

VIGO

cedida

A Clásica despide a tempada do 40 aniversario cun gran concerto para orquestra e coro: a Misa en do maior, Op. 86, de Beethoven

10 may 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe 20.30h. • Teatro Afundación • A Clásica despide a tempada do 40 aniversario cun gran concerto para orquestra e coro: a Misa en do maior, Op. 86, de Beethoven. Composta poucos anos despois da súa primeria obra relixiosa, esta obra constitúe a súa primeira misa e un dos poucos exemplos do repertorio coral do compositor. Neste concerto a Orquesta Clásica de Vigo terá a honra de compartir escenario co Ensemble Vocal Pro Musica, procedente da cidade do Porto. Unha proposta que será o resultado dun intercambio que busca normalizar a conexión da nosa orquestra con propostas creadas ao outro lado do río Miño.