O escritor vigués Pedro Feijoo publica a súa nova novela, Onde nacen as bestas
07 may 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe ás 19.00 horas • Plaza de Compostela, 5 • Entrada restrinxida • O escritor vigués Pedro Feijoo publica a súa nova novela, Onde nacen as bestas, o vindeiro 15 de maio e a editorial Xerais levará a cabo unha serie de actos promocionais para lanzala obra. Deste xeito, hoxe celebra un encontro con xente das redes sociais no Vitruvia Café de Vigo. Ademais, mañá presentará a novela ante libreiros e libreiras no Café Airas Nunes de Santiago de Compostela. Pedro Feijoo fala en exclusiva sobre a súa nova novela na que o autor mergulla aos lectores nunha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocul tas. Entre o lume do val e as néboas da serra, unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e un temor comezará a repetirse.