«San Valentín é o día ideal para ver a David Amor»

AXENDA CULTURAL | O cómico de Salceda levará maña o seu monólogo «Fóra de sitio» ao Profreso 41 Urban Market


Vigo

David Amor actúa mañá en Progreso 41 Urban Market da man de Maestra de Mahou, na que será a segunda cita do ciclo de monólogos. O humorista de Salceda ofrecerá o espectáculo Fóra de sitio. As invitacións pódesen conseguir nos distintos establecementos do mercado.

-¿Que é «Fóra de sitio»?

-A historia da miña vida. Unha vez ocorréuseme presentar ao concurso de Míster Galicia e me deron o título de Míster Simpatía, e, cando empecei na TVG me trataban de guapo, e dinme conta que esta un fóra de sitio.

-Vostede chegou xogar na Liga Asobal de balonmán. ¿Como caeu nesto do humor?

-Gustou moito o humor dende rapaz, pero como observador, interesándome pola súa propia mecánica; non é que eu quixera ser artista. Sufrín unha lesión e presenteime a un cásting da TVG, me colleron e fun quedando neste ámbito ata que se converteu no meu medio de vida.

-Que prefire, ¿televisión ou escenario?

-A min gústame todo. Sempre loitei por facer o que me gusta; cando quixen xogar ao balonmán fíxeno; cando quixen facer tele, tamén; e pasoume igual co teatro.

-¿É un deporte de risco hoxe en día o humor?

-É unha pena o que está a pasar, que a xente ande tan cabreada. Imaxino que están cambiando moito as cousas e ata que todos saibamos manexar todas as opción estará todo así revolto. A xente ten que darse conta de que se non lle gusta algo, o que ten que facer é non ir. A min dame moita pena, non por min, porque eu fago un humor branco, senón por compañeiros que fagan cousas moi chulas e teñen que aguantar cousas que non lle corresponden.

-Nuns días se estrea na TVE con «La mejor canción jamás contada». ¿Como afronta o novo traballo?

-Eu non vou cantar, que a xente estea tranquila. É un proxecto moi chulo con Roberto Leao, que é moi majete e creo que vouno pasar moi ben.

-¿Que non pode faltar nun espectáculo seu?

-Ten que facerme graza a min. Cando fago un ensaio, vou desenvolvendo aquelas cousas que máis me gusta. Sempre me digo que se eu estouno gozando, non podo estar tan tolo como para que outra xente non o pase ben.

-¿Como lle foi a experiencia co Banco de Alimentos?

-Foi un traballazo, pero non foi o que eles fan todos os días. As veces, parece que as necesidades están fóra de aquí, pero a verdade é distinta. Tamén falan da macroeconomía, que todo vai ben, pero non é así porque hai xente que o está pasando moi mal. Eles teñen un gran valor. Foi un pracer estar con eles. Para sempre terán en mi un admirador máis.

-¿Temos os galegos un xeito de rir distinto?

-O humor é un sentimento, e o sentimento é universal. Evidentemente, se falamos da Panorama, pois vano entender mellor aquí que fóra.

-Por certo, o seu espectáculo cadra en San Valentín.

-Ven mirado, ver a David Amor en San Valentín e o día ideal. É unha proba de amor absoluta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«San Valentín é o día ideal para ver a David Amor»