Festival de Cans 2015: Programación completa

La Voz

VIGO

M.MORALEJO

A cita celebrarase do 20 ao 23 de maio

22 may 2015 . Actualizado a las 09:36 h.

Como en anos anteriores, o Festival de Cans 2015 ofrece un programa completo con moita música e ofertas para todos, non só para os que teñan mercadas as súas entradas. O 90% da programación é de balde e de acceso libre, coma recordan dende a organización.

Venres 22 de maio

Baixo de Bugarín (Cans)

10h00 Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións das curtas gañadoras de Cans 2014, con subtítulos para persoas xordas, e coloquios con directores e actores.

Baixo de Moncho (Cans)

13h00 A que andas? Con Juan Galiñanes, Xabier Bermúdez, Miguel Barros, Xacio Baño, Alfonso Zarauza e Daniel Froiz.

16h30 Fill@s de Cans. Con Pablo Romero-Fresco, Simón Casal, Dani de la Torre, Alberto Vázquez e Cristóbal Arteaga.

17h30 Historia dun filme que naceu en Cans. Petisco en exclusiva e primeiras imaxes do filme Rey Gitano, de Juanma Bajo Ulloa. Coa presenza de Manuel Manquiña, protagonista do filme e actuación de Tony Lomba, autor da banda sonora do filme. 

Baixo de Bugarín (Cans)

18h30 Estrea do documental Torre de Breoghán, coa presenza do director Jorge Coira, da produtora Chelo Loureiro e dos membros de Luar na Lubre.

20h30 Nova sección! Concertos na placa. Luar na Lubre (versión lixeira) na placa de Bugarín. Entrada: 3 euros (filme e concerto), á venda unha hora antes.*

Cans Voulevar (Cans)

21h00 Inauguración da Exposición Viñetas de Cans: Xaquín Marín

Baixo de Moncho (Cans)

21h30 Procesión de chimpíns desde o Baixo do Moncho ata o Torreiro. Amenizada por Treboada Baixo Miño.

Torreiro de Cans

22h00 Noite de Estrea

Presentada por Keka Losada e Ricardo de Barreiro.

Presentación dos xurados e convidados do festival. 

Entrega do premio á mellor obra da Can Parade.

Entrega dos premios a mellor videoclip

Proxección de Soa Cans!, o making of de Cans 2014, de Roi Guitián e María Lobo

Presentación do trailer do documental Divina Filmekeira, en proceso de produción. Coa presencia de Juan Lesta e Belén Montero, directores do documental, e de Divina Campos, protagonista.

Entrega dos Chimpíns de Prata, Premio Pepe Puime, a Alfonso Zarauza e Juan Maceira.

Entrega do Premio de Honra Pedigree?2015 a Javier Gutiérrez e colocación da súa estrela no Torreiro das Estrelas.

00h30 Concerto de Sidonie

02h00 Sesión DiscoChimpín con Ángel Carmona (Radio 3)

Sábado 23 de maio

Cans (torreiro, salas, leiras e camiños)

10h00 Desde a Igrexa de Cans, arranca o CanSonoro, guiado por Xurxo Souto co acompañamento musical de AcordeCans.

10h00 Primeira sesión do pase matinal das curtas a concurso. No Baixo de Bugarín e no Baixo de Moncho.*

10h30 Comeza a funcionar o Parque do Río, o espazo infantil.

11h00 A tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella. No Baixo de Carlos. Infantil.

11h30 Café para os asistentes ao coloquio, xentileza de Galicia Calidade. Na leira de Alicia.

12h00 Coloquio na leira con José Luis Cuerda. Na leira de Alicia.

13h00 Pasarrúas coa Banda de Música Xuvenil de Torroso (Mos) dende o Can de Pedra ata o Torreiro de Cans.

13h30 Segunda sesión do pase matinal de curtas a concurso. No Baixo de Bugarín e no Baixo de Moncho.*

13h30 Sesión Vermú coa Banda de Música Xuvenil de Torroso. No Torreiro

13h30 José Luis Cuerda coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas.

13h30 Muller Cine. Entrada: 3 euros. Baixo de Carlos. Infantil*

15h30 Procesión de chimpibuses, amenizada por Os Veraneantes.

16h00 Proxeccións na Caixa de Mistos. No Parque do Río. Infantil

16h30 Primeira sesión do pase de tarde das curtas a concurso.*

16h30 Presentación de Dos gaiteiros do Mar, de Xurxo Souto. Na Sala Multiusos

16h30 Actuación de Blues do País. No Cans Voulevar

16h30 Proxección webseries. No Jalpón Fri

17h30 Actuación de Manuel Sotelo Manoliño de Donón e Lito Pinténs, protagonistas de Dos gaiteiros do mar. No Jaliñeiro Unplugged.

18h30 Presentación de Lobo, novo videoclip de Davide Salvado. Na Sala Multiusos.

18h00 Retrospectiva videoclips Def con Dos, coa presenza de César Strawberry que presentará o seu libro Margen de maniobra. No Jalpón Fri

18h30 Actuación de Adrián Costa. No Cans Voulevar.

19h00 Actuación de Davide Salvado. No Jaliñeiro Unplugged.

19h30 Concerto de Sés. No Torreiro de Cans.

20h30 Segunda sesión do pase de tarde das curtas a concurso.*

20h30 Funes, documental de Enrique Otero no Jalpón Fri

21h00 Proxección dunha Retrospectiva Poetarra. Na Sala Multiusos.

21h30 Actuación de Poetarras. No Jaliñeiro Unplugged.

22h00 Actuación de Quempallou. No Cans Voulevar.

23h30 Entrega de premios. No Torreiro de Cans.

00h30 Concerto de Def con dos (Dos Tenores). No Torreiro.

02h00 Disco chimpín: Autómatas Beat.

Venres 29 de maio

Bar Liceum (O Porriño)

22h00 Proxección das curtas gañadoras. Entrada: 3 euros.