Salvaterra volta ao cine

Luis Carlos Llera Llorente
luis carlos llera SALVATERRA / LA VOZ

VIGO

Brais Martínez

Unha exposición lembra o antigo Coliseo e recolle máis dun centenar de antigüedades do mundo do son e a imaxe

23 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A vella maquinaria que proxectou as películas dos mitos do cine que aínda perduran hoxe destaca no colexio de Alxén. O proxector do Coliseo foi rescatado dun trasteiro da familia de Victoriano Alonso Parada, que foi alcalde de Salvaterra do 1936 ao 1939 e era tamén dono da sala que se derrubou nos anos 80 do século pasado para dar paso a un moderno edificio de vivendas nunha encrucillada de rúas na zona céntrica do pobo.

A mestra Pilar González Casas lembra que daquela había censura. En cada municipio traballaba un censor aunque outras veces a película chegaba xa cortada. Isto pode comprobarse nun albarán da productora Columbia no que aparece a palabra «censurada» para referirse á película.

Entón no cine Tamberlick de Vigo podía verse Tarzán de los monos. Na capital metropolitana aínda existían 15 salas tradicionais: O Ronsel, Fraga, Odeón, García Barbón, Tamberlick, Cinema Radio, Rosalía de castro, Vigo, Plata, Disol, Roxy, Niza, Avenida, Gran Vía e Maravillas, que estaba en Bouzas.

Estes recordos figuran na exposición do colexio Carlos Casares na que poden mirarse talonarios de vellas entradas de cines e rollos de película en branco cos que se reemprazaban os fotogramas cortados pola censura.

O cine é un dos aspectos máis salientábeis da exposición que pode verse no colexio. Nela hai algunhas marabillas da tecnoloxía da época. En total se exhiben máis dun centenar de obxetos relacionados coa imaxen e o son.

Chaman a atención as cuidadas gramolas e os vello gramáfonos que usaban discos de lousa. Un deles, de Xan do Caeiro, aínda pode escoitarse no aparato. O autor xa recitaba en galego.

Seculo vinte

A mostra retrospectiva recorre practicamente todo o século vinte. O neno Xoel Figueira mostra un maletín Sanyo con radio e tocadiscos. «Mi abuelo era militar en Canarias y lo compró allí por nueve mil pesetas y nos lo trajo», lembra con agarimo.

Todos os obxetos da exposición foron prestados polos estudantes e as súas familias. Hai cámaras de fotografía, fotogramas de películas, vellos magnetofóns como un que ten capacidade para 760 horas de reprodución seguidas, entre outras cousas.

A mostra é abigarrada pois poden atoparse dende un vinilo de panxoliños do difunto Manolo Escobar xunto a un elepé de Os Resentidos e cunha contraportada pornográfica.