21 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.
E no medio dos glóbulos vermellos e dos brancos, ela. Viaxando por entre plaquetas de camiño ao corazón. Inundándoo todo e empapando as entrañas. Ocupando
os soños e
rabuñando os
insomnios. Non importan os dedos cansos, o osíxeno pode esperar. Porque o mundo é outro cando aparece. Para Elena Pintos, Antón Campos, Xavier Blanco e outros milleiros de nomes anónimos ou coñecidos, ela é o comezo
e mailo fin.
O todo.
As horas do día non chegan para entregarllas,
a vida nunca alcanza. Porque o do é só o comezo
do longo camiño e o si equivale ao infinito. Ao final das unllas: metal. As notas tínguense de vermello para arrastrárense polas arterias.
Pesadas, soas. De fondo, caen os pentagramas.
LAMIRADAOBLICUA por XOÁN CARLOS GIL