1 Aínda que César Mera non se presenta, o proxecto que leva o PP é o seu. O candidato popular é un monicreque de Mera, que quere seguir controlando o concello despois de 35 anos no poder. Só hai que ver a lista, tres dos sete primeiros son persoas da súa confianza que eran compañeiros seus. Así pode ter controlado ao actual candidato e as decisións que tome.
2 Nos últimos anos perdemos veciños porque aínda que somos capital de comarca e estamos pegados a autovía rebaixamos o noso peso. Sufrimos moito a crise do sector inmobiliario. Para palialo no noso programa propoñemos facer un esforzo para que veñan máis empresas, potenciar a actividade económica na Cañiza e rendibilizar o noso territorio dende o punto de vista agrícola.
3 A raíz da ruptura da burbulla inmobiliaria o polígono sufriu unha baixada porque dependía das firmas so sector da construción. Nós sempre estivemos en contra da política urbanística de Mera. Hai que esforzarse, falar co sector empresarial e atraer actividades económicas diversificadas.
4 Si acado o goberno vou traballar nesa dirección. Hai servizos que se poden rendibilizar entre varios concellos.
5 O Concello ten unha débeda importante, ten que afrontar moitos servizos pese a que caeu a poboación e os ingresos, porque dependiamos moito do bum inmobiliario.
6 É unha operación política deseñada co obxectivo de que o PSOE non chegue ao poder. O seu número un foi rexeitado no PP de Covelo e no da Cañiza pero o partido está amparado pola dereita e pola súa cúpula e acabarán pactando.
psoe luis piña
Municipales 2011 |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||