«O primeiro é o parque empresarial»

La Voz

VIGO

1 Temos un Concello saneado economicamente, con máis de dous millóns de euros en tesourería. A mellor proba da boa situación económica do Concello é que pagamos aos provedores nun prazo de corenta a sesenta días.

2 Absolutamente. Dende o Concello fixemos todo o que tiñamos que facer para axilizar un parque que levaba anos paralizado. Está aprobado en consello da Xunta e agora solo resta executar a cantidade consignada no orzamento da Xunta para pagar as expropiacións e iniciar a urbanización. O mellor é que, ao igual que no saneamento, hai unanimidade.

3 Imos seguir estendendo a rede de saneamento de xeito constante como nestes catro anos, xestionando máis de cinco millóns. Leva tempo porque se perderon moitos anos de investimento. É increíble e unha falsa promesa que quen non foi capaz de facelo en vintecatro anos veña agora a prometelo xa.

4 A Xunta debe asumir o compromiso que adquiriu con Tomiño, senón eles serán os responsables de que non se faga a escola infantil. De todos xeitos non desbotamos outras fórmulas se a Xunta non acepta a construción, porque o que si está claro é que con preto de 500 nenos, a escola é moi necesaria.

5 Hai outras prioridades, sobre todo co estancamento na construción. Imos dotar de servizos o que hai, como se fixo coa construción do novo centro día. É momento de pensar nas persoas e nas familias que están a pasar por circunstancias delicadas.

6 O primeiro é o parque empresarial porque dará emprego a moita xente, o treito tres do colector xeral e, nestes momentos de dificultade, poder seguir axudando a tantas familias que sabemos que o precisan. Agora servizos como o centro de día, a escola infantil e os servizos sociais son esenciais.

bng sandra gonzález álvarez