A partir do día 21 deste mes, o Centro Dramático Galego iniciar as audicións para cubrir dez papeis de actores-cantantes na súa próxima produción sobre a Ópera de tres reais, dirixida por Quico Cadaval e que ten como cabeza de reparto a Luís Tosar.
As audicións servirán para cubrir cinco papeis femininos e outros tantos masculinos e na selección participarán tanto Quico Cadaval como o director musical da obra, Carlos Ariel Gracia.
Prazo limitado
Para poder ser escoitado nestas audicións, o CDG estableceu un prazo que remata mañá, xoves, día 10, e os interesados deberán remitir as solicitudes ao CDG, utilizando a convocatoria publicada nas webs www.centrodramatico.org e www.agadic.info e acompañándoas, en todo caso, dun currículo no se que documente a experiencia tanto no actoral como no musical.
Os ensaios para esta montaxe, incluída na programación no festival musical Galicia Classics e que será estreada no Auditorio de Galicia en Compostela, comezarán na primavera e está previsto unha xira que permitirá ao CDG participar nalgúns dos principais festivais teatrais da Península.