«Esperamos que se fagan cambios no proxecto»

T.A. VIGO/LA VOZ.

VIGO

Ezequiel Fernández fala como portavoz das 14 asociaciones que compoñen A Chamusca.

-¿Cre que as súas propostas van ser escoitadas?

-Esperamos que polo menos se nos teña en consideración. Pasamos de ter dous carrís para ir a Vigo, por poñer esta cidade como exemplo, a ter só un que vai ser un caixón. Confiamos en que se fagan algúns cambios no proxecto grazas ás nosas alegacións.

-¿Qué incidencia pode ter a futura ampliación no tráfico do Morrazo?

-Principalmente daranse situacións de embotellado, de colapso, ante calquera incidencia. Está prevista a creación duns pasos para liberar tráfico, pero tardarán en abrirse e mentres a situación seguirá colapsada.

-¿Realmente é o transporte marítimo unha alternativa?

-Se se fomenta de maneira axeitada, si. No caso do transporte por barco, estamos traballando coa federación de Vigo para facer un proxecto común. Tamén está o fomento do uso do autobús. Pero non só hai que restrinxilo á comunicación entre O Morrazo e Vigo, senón que habería que estendelo a toda a área de influencia da cidade.

-¿Cómo ve a posible posta en marcha da autovía alternativa entre Vigo e Pontevedra?

-Creo que é un proxecto que se ten aparcado, pero presentaría unha solución real porque evitaría que a ponte se converta na única vía de comunicación do norte con Portugal.