«Por nada» e «Pintor de Ceos», premios do xurado

La Voz

VIGO

Unha curta realista, medida e cun argumento da máis inmediata realidade gañou o premio á mellor curta de ficción. Na sección de animación a outra punta: unha curta de fantasía.

Por nada, dirixida por Dani de la Torre e Manolo Dios, e realizada este mesmo ano foi elixida polo xurado como a mellor das presentadas a esta edición do concurso. Catorce minutos de historia dous rapaces de instituto que cruzan as súas vidas nun momento que acaba volvendo tráxico.

En animación as preferencias do xurado foron as mesmas dos Mestre Mateo deste último ano e a curta gañadora foi O pintor de ceos, unha montaxe de vintecatro minutos na que o director, Jorge Morais Valle, amañouse para facer todo o resto como para unha curta unipersoal.

No primeiro dos casos, o xurado valorou que cada un dos elementos que deben formar parte dunha curtametraxe estaban ben medidos e a historia aportaba, ademais, elementos para unha situación da realidade como a violencia na xuventude.

No segundo caso, a animación, a valoración do xurí salientou o mundo creado polo director e a maneira no que esta traballada a animación en cada un dos planos desta curta case mediametraxe.

Nas premios que distinguen o traballo dos actores, a categoría correspondente á mellor actriz foi gañada por Henar Jiménez, protagonista de Uruguay 2030, da que o xurado salientou a madurez interpretativa a pesar da súa corta idade.

Na categoría masculina, dous gañadores. Por unha banda, Vicente de Souza pola súa participación en ¿Queres ser director de cine? e para Edgar Blanco por Urugay 2030. No primeiro caso polo oficio de actor que exhibe e no segundo pola interpretación redonda para a súa idade, segundo o xurado.