O BNG pide no Parlamento que o porto pesqueiro de Baiona recupere o surtidor de combustible

La Voz

VIGO

16 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O portavoz do BNG en materia de Pesca e Asuntos Marítimos, Bieito Lobeira, vén de rexistrar unha serie de iniciativas parlamentares nas que se interesa pola necesidade de que os portos galegos conten con subministración de combustible pesqueiro.

O deputado nacionalista menciona o caso concreto do peirao de Baiona, no que, tal e como apunta, a compañía petrolífera Repsol decidíu pechar o subministro deste tipo de combustíbel dado que, segundo indica, «non obtén o beneficio que considera óptimo nesta instalación».

Mais, o certo é que o problema padéceno en primeira instancia os membros do colectivo de mariñeiros e mariscadores a frote que viñan utilizando de xeito habitual este servizo.

Asi, tal e como apunta Lobeira, o porto da Guarda tampouco conta con este subministro, o que significa, na práctica, que os profesionais teñen que desprazarse até Viana do Castelo.