13 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Papel de estaño, cartón parafinado ou cilindros de cera foron na etapa de fonógrafo algúns dos soportes que circularon polo mundo para rexistrar e reproducir o son. Despois, chegaría a etapa de gramófono e o disco plano de goma endurecida. Na primeira metade do século XX chegou a lousa que deixaría paso, a partires de 1952 e nomeadamente desde 1956, ao vinilo. Despois chegaría o disco compacto.