O presidente da Deputación, Rafael Louzán, fixo onte entrega de material deportivo ó Centro Interfederado de Remo de Tui. O organismo provincial investiu 221.744 euros na compra de material de remo como sete embarcacións Skif, un kayak ergómetro ou unha máquina para o entrenamento dinámico para pernas, brazos e dorsais, entre outras. Para a práctica do piragüismo na cidade transfronteriza a Deputación comprou nove embarcacións K-1, tres C-1 e outras tantas K-2. A dotación inclúe once discos olímpicos de diferentes pesos, once pares de mancornas, bancos, catro barras con topes, unha prensa de palanca, agarres, aparato de fondos, abdominais e dominadas, bicicleta electrónica, tres balóns medicinais, un cinto de entrenamento, colchonetas e diferentes dipos de agarres para o traballo de dorsais e tríceps.