- Vostede tamén ten un blog na rede. O feito de «darlle de comer» quítalle moito tempo para dedicalo á creación literaria «tradicional»? -Debo recoñecer que o blog, se te deixas levar por el, crea adicción. É unha ferramenta fantástica, que permite a comunicación directa, sen fronteiras e sen intermediarios e iso é impagable. Eu trato de controlar moito o tempo que lle dedico a Cabrafanada, o meu blog, porque do contrario non podería escribir ficción.
- Lin nalgunha parte que escribe sempre escoitando a mesma canción ¿É certo? ¿Qué canción é esa? -En realidade o que fago non é escribir sempre coa mesma canción senón escribir cada libro cunha mesma canción, que é distinto. Son monótono pero non tanto. Cemiterio de elefantes escribino, se non lembro mal, cunha canción de Kenny G.