10 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.
tomiño| O auditorio multiusos de Goián, en Tomiño, acollerá mañá, a partires das das 22.30 horas, unha exhibición de baile e tango arxentino a cargo da compañía de Marco González.
O espectáculo «Cuentos del sur» está de xira durante os meses de xullo e agosto por España e Portugal. Esta é unha mostra do folclore arxentino na súa totalidade ideada, producida e dirixida por Marco González.
O espectáculo trata de achegar ao público o folclore do litoral, do norte, da pampa, do sur e obviamente o tango. Ademais, conta cun elemento fundamental, a posta en escena.