O Colexio de arquitectos presenta o libro «Bordes de mar en Galicia»

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e Caixanova presentan o próximo luns, 26 de febreiro, na Fundación Caixanova de Vigo, o libro «Bordes de mar en Galicia» e a exposición fotográfica que acompaña a este libro: «Bordes de mar: 1.723 quilómetros de litoral». No acto estarán presentes o decano do COAG, Celestino García Braña; a conselleira de Política Territorial, María José Caride; o director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje; e o presidente de Caixanova, Julio Gayoso. Esta publicación preséntase como unha fiel testemuña do estado actual do litoral galego e intenta aportar unha reflexión crítica das intervencións urbanísticas que definen o territorio galego.