Reportaxe | O noveno arte A exposición pódese ver ata o vindeiro 11 de febreiro e recolle obras orixinais de 34 autores que teñen publicado ao longo do último lustro na revista «BD Banda»
16 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.é o título da mostra que ata o 11 de febreiro pódese ver no Vérbum. Trátase de obras orixinais de 34 autores de cómic do noso país que publicaron ao longo do último lustro na revista BD Banda . A exposición, que chegou a Vigo directamente do Salón de Cómic de Cornellá, presenta obras rematadas canda a bosquexos e mostras do proceso creativo destes novos autores, que están a se consolidar como a xeración máis destacada do cómic estatal na actualidade. Nomes coma, Víctor Rivas, Kiko da Silva, Miguel Porto, David Rubín ou Andrés Meixide, compoñen unha ampla selección do traballo que se está a facer nos últimos anos no campo da novena arte en galego. Un panorama que está en plena efervescencia e que promete dar moito que falar nos vindeiros anos. A exposición está organizada en colaboración coa Asociación Cultural BD Banda, promotora da publicación homónima que conseguiu agrupar todos estes creadores e acadou en 2005, por primeira vez na historia da Banda Deseñada Galega, o premio do Saló de Barcelona ao mellor fanzine cunha publicación editada integramente en galego. Na actulidade BD Banda está a ultimar lanzamento dunha nova publicación que, co mesmo nome, tentará consolidarse como unha revista profesional, con edicións en galego e en castelán e a manter sempre unha intensa presenza de autores do noso país. Xogo e xoguete Por outra parte, continúa aberta ao público no Museo Verbum-Casa das Palabras a mostra O xogo e o xoguete , organizada coa colaboración da Fundación Raquel Chaves, que achega máis de 1.000 referencias pertencentes aos seus fondos. Tanto a exposición Cinco anos de BD Banda , como a mostra O xogo e o xoguete están situadas na planta baixa do Verbum. Os visitantes poden acceder a esta planta polo prezo de 1 euro e ver calquera destas dúas exposicións ou as dúas, se o desexan, de martes a domingo en horario de 10.00 a 19.00 horas. Os luns o museo está cerrado.