A Asociación de Empresarios de Redondela, xunto ca concellería de Normalización Lingüística de Redondela axudarán este Nadal a papá Noel e aos Reis Magos na súa recollida de cartas de Nadal. A Asociación de Empresarios de Redondela e a Concellería de Normalización Lingüística de Redondela, serán este ano e ante o chamamento feito por Papá Noel e as súas maxestades os Reis de Oriente, os encargados de recoller as cartas de todos os nenos de Redondela, para elo se disporán en diversos puntos de Redondela e Chapela de buzóns reais onde se depositarán as solicitudes feitas polos nenos da vila. Tanto Papá Noel como os Reis Magos, puxéronse en contacto ca Asociación de Empresarios de Redondela a principios de decembro para solicitarlle a colaboración na dura labor de recoller as cartas de todos os nenos de Redondela e deste xeito remitirlle todas as cartas xuntas dende a Asociación de Empresarios de Redondela e a Concellería de Normalización Lingüística. Os buzóns reais estarán nas rúas a partires de hoxe mesmo e tanto dende a Asociación de Empresarios de Redondela e a Concellería de Normalización Lingüística séntense orgullosos por ser os encargados de levar a cabo esta labor. É unha boa maneira de escribir no idioma galego e de concentrar o traballo dos carteiros reais para levar as cartas con desexos dos nenos ós Magos de Oriente y que este se cumplan na medida do posible. Con esta medida, o Concello de Redondela ven de destacar sobre a meirande parte dos municipios de Galicia, onde non se destaca de ningún xeito a labor de emprego do galego en asuntos tan importantes para os nenos como as datas do Nadal. Con todo, en moitos colexios galegos, desde a propia dirección dos centros ofrécese por estas datas as cartas para que os nenos as fagan en galego e as entregan convintemente.