Entrevista | Teafecciona-06 e Real galician cinema
16 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.?edondela sabe a arte. A arte galego. Así arrecenden as potas que por separado cociñan dous festivais que chegan este ano a súa segunda edición. O Real Galician Cinema e Teafecciona 2006. O primeiro é un ciclo de cine que fai un paseo polo panorama das curtas galegas e chega ata a longametraxe brasileira. No primeiro apartado, que se desenrola hoxe, pódense ver traballos de este ano, algúns en estrea, dos autores Fernando Cortizo, Mikel Fuentes, John Easthan e Omar Rabunahal. Como complemento a esta sesión, que terá lugar no multiusos da Xunqueira hoxe as 21.00, haberá unha análise do panorama das curtas, Xoán Mariño. Esta sesión, de balde, complementarase o próximo venres coa longametraxe brasileira Quanto vale ou é por quilo, «en estrea para Galicia», segundo a organización. A obra, de Sergio Bianchi, precede a unha charla de Luciano Melo de Paula, que explicará a situación do cinema no país veciño. «Todo isto coa intención de unir dous países con linguas irmáns», segundo comentou a concelleira de Normalización Lingüística, Purificación Serrrano. Unha de teatro Dentro da rica programación da vila, tamén haberá un tempo para o teatro, da man de afeccionados galegos. Esta segunda edición da mostra que este ano xa atopou nome, Teafecciona-06, comezará mañá. A compañía Teatro Lope de Vigo presentará Ide todos ao inferno a partir das 22.00 horas no multiusos. Outra das novidades de este ano será tamén que se pagará entrada, un euro, para o que se abrirán as ventas unha hora antes. Completan o programa as compañías Teátrica, con A farsa do avogado o sábado 25 e Ad libitum, con A miña muller e o fontaneiro el día 2. Este ano entre as compañías, todas galegas, non se atopa ningunha redondelá «por falta de obras para estrear», como afirmou o concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera. Pese a iso, esperan de todos xeitos ter unha boa acollida entre os veciños, que dende sempre apoian as iniciativas teatrais que se promocionan na vila.