ECONOMÍA
14 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, mantivo onte un encontro cos responsables do Banco Etcheverría. O seu presidente, Javier Etcheverría, informou a rexedora dos plans de expansión da entidade decana do mercado bancario español. Banco Etcheverría inaugurará o próximo 28 de novembro de 2006 a súa oficina principal na rúa García Barbón. Estas novas instalacións forman parte do plan de implnatación que a compañía puxo en marcha hai tres anos na zona sur de Galicia e, máis concretamente, en Vigo. O Banco Etcheverría fundouse en 1717 en Betanzos, co que é a entidade decana do mercado bancario español. Na actualidade, a súa rede esténdese ás catro provincias galegas e a Madrid.