Entrevista | Roberto Cordovani O Teatro de Arte Livre ofrece hoxe tamén a obra «Ollares de perfil. O mito de Greta Garbo», na que actúan Roberto Dordovani e Humy Donado
31 oct 2006 . Actualizado a las 06:00 h.?oxe, as 22.00 horas, o TAL (Vázquez Varela, 19) levantará novamente o seu imaxinario pano para representar por cuarta semana consecutiva Ollares de perfil. O mito de Greta Garbo , unha obra que dende a súa estrea hai vintecinco anos foi vista por preto dun millón de persoas. -¿Como foi o reencontro coa obra? -Cando un actor conquista un punto dun personaxe, este sempre permanece. Pode cambiar o tono, o local, ou a vestimenta, pero a esencia do personaxe estivo sempre conmigo. É unha obra na que entro de cabeza e salgo esgotado emocionalmente, pero faime moito bien. Este personaxe ensinoume cousas como a miña condición de ser humano, aprendeume a observar máis, a aceptar as persoas coma son, e a retirarme cando é preciso. -¿É nota cambios no público, nas súas reaccións? -As reaccións son as mesmas, o que pasa é que antes o público era moi adolescente, e agora xa non, é máis maduro. Ademais o público maioritario é feminino. Teño a impresión que nos anos oitenta os xoves tiñan máis presente quen foi Greta Garbo, hoxe os adolescentes non deben ter oivido falar de Greta. -¿Que é o que máis lle atrae de Greta Garbo? -A súa ambigüidade e a súa discreción. Gústame como ela se liberou do mito e viviu a súa vida sen problemas porque era unha persoa normal. Aproxímome a ela en que sempre tivo dentro ao seu país, Suecia, coma eu co Brasil; son máis brasileiro cando estou fóra do Brasil. Creo que me gusta máis a persoa que a actriz. -¿Que diferencias hai nesta versión respecto a orixinal? -Esta Greta é máis distante co amor na obra. Hai anos dicía aquelo e creía nelo, hoxe non é que non crea mais volveuse máis observadora co afecto, non da emoción que segue sendo grande. Hai un momento na interpretación que eu realmente esquézome de todo. É agora unha óptica máis adulta, menos mitificando unha relación. A miña aparición como Reina Cristina ten un punto que agora eu gusto máis. A actuación de Humy tamén gusta moito, temos química no escenario. É unha persoa moi respectuosa e colabora moito para a evolución da obra. -Con tantas representacións por diante, ¿como superan a esixencia dos personaxes? -Eu xa son unha máquina de interpretar (ríe). Do mesmo xeito que eu estou dentro do personaxe, tamén estou fóra, ca mesma delicadeza entro e saio do personaxe. O máis difícil e o día a día do lado empresarial dun teatro. A interpretar prodúceme satisfacción, despois dunha función estou no meu estado puro de persoa: delicado, atento, concentrado, porque é un acto moito serio, casi sagrado.