Reportaxe | Xuventude A mocidade ten hoxe vintecinco actividades de ocio que se desenvolven en cinco espazos diferentes da cidade
27 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.? pavellón do Instituto do Castro, o pavellón do Berbés, Espazo Xove do Castro y la A.X. Abertal acolle distintas actividades do programa Tardes e Noites Vivas. Todo comezará as 17.00 e rematará a iso da 1.30 horas, dependendo do espazo elexido. Os que máis cedo empezan a diversión son os mozos e elexiron o Espazo Xove do Castro. Neste lugar, a primeira hora vai estar adicada a clases de iniciación no break dance. É importante chegar con tempo porque é unha actividades con prazas limitadas. Atá as once da noite, estará aberto todo o tinglado informático de internet, chat e messenger, sempre de un xeito gratuíto. Entre sete e nove da noite se abre un espazo para o encontro, xogos de inxenio ou para quedar cos amigos. A programación neste lugar complétase co relato colectivo en linguaxe SMS, karaoke, liga de xogos en rede, dardos electrónicos e a actividade de ampliar a Wikipedia. Na Asociación Xuvenil Abertal comenzan ás sete da tarde cos obradoiros de coiro, pulseiras de fío e pendentes. Despois chegará o campionato Play Station, o obradoiro de carteiras de cómic, unha pachanga de futbito, acceso a internet e a sala multiusos, que é un espazo para quedar, reunirse e xogar. A terceira posibilidade que se lle ofrece á mocidade terá lugar no pavillón do Berbés. A iso das 23.15 horas, os bailes latinos terán o seu espazo, en dura competencia coa cociña de postres tradicionais, e o obradoiro de coiro. Pero, o feito de estar nun pavillón abre outras posibilidades máis deportivas. É o caso da sesión de musculación á que se pode acceder a partir das 23.00 horas, ou as partidas de squash e, como non, o torneo de baloncesto Vigo en Xogo. No Castro Finalmente chegamos ao Castro, ao pavillón do Instituto do Castro. Dende as 22.00 horas, hai a posibilidade de participar nun obradoiro de coiro, a parendizaxe de ritmos brasileiros, as pachangas nocturnas ao aire libre ou os xogos de mes. Aínda queda outra posibilidade, pero está dirixida só para mozos de entre 14 e 18 anos. Os pais deben ter en conta que esta actividade desenvólvese nunha discoteca, aínda que supervisada pola Concellería de Xuventude, que dirixe Lucía Molares. Trátase da discoteca A!, situada na avenida de Beiramar, 113. Alí desenvólvese unha serie de actividades e xogos vencellados ao terror, que por algo estamos moi preto dos días de Santos e Defuntos. Estas actividades lúdicas terán lugar no mencionado espazo entre as seis da tarde e as nove e media da noite.